Se se elabora unha espuma a partir de materiais de orixe vexetal, inspirada en plantas como o aloe vera e utilizando substancias naturais capaces de xerar e estabilizar espuma, entón será posible obter unha espuma vexetal relativamente estable que poida manterse sobre a vexetación durante varias horas, incluso parte do día. Esta capa protectora podería cubrir as plantas e axudar a retrasar a propagación do lume grazas á súa humidade e á súa posible capacidade ignífuga.
Os ensaios realizados mostran resultados satisfactorios en relación cos obxectivos do proxecto. As diferentes mesturas permitiron xerar unha espuma vexetal estable capaz de manterse adherida á vexetación durante varias horas. As probas realizadas indican que a espuma conserva ben a humidade e actúa como unha capa protectora que retrasa a propagación do lume en materiais vexetais secos. Ademais, os compoñentes utilizados son de orixe vexetal e biodegradables, o que permite obter unha espuma cun menor impacto ambiental que outros produtos utilizados habitualmente. Estes resultados suxiren que este tipo de espuma pode empregarse como unha barreira preventiva fronte aos incendios forestais. O proxecto foi rexistrado para protexer a súa autoría e podería dar lugar no futuro ao desenvolvemento