Se se desenvolve unha boia que combine sensores físico-químicos e mexillóns como bioindicadores, será posible detectar de forma temperá cambios na calidade da auga e posibles episodios de contaminación nas zonas de acuicultura.
Os resultados obtidos indican que o prototipo funciona correctamente e permite medir distintos parámetros da calidade da auga de forma fiable. A partir destes resultados pódese xeneralizar que a combinación de sensores e bioindicadores pode ser unha ferramenta eficaz para a monitorización ambiental en acuicultura. Ademais, o sistema permite rexistrar datos e detectar posibles cambios na auga de maneira continua.