A hipótese deste traballo é que unha parte importante da poboación non ten suficientes coñecementos para identificar estafas ou contidos falsos na internet, especialmente aqueles relacionados coa intelixencia artificial.
Por iso pensamos que, se se crea unha ferramenta accesible que explique estes riscos e axude a detectar posibles fraudes, moitas persoas poderán mellorar a súa seguridade dixital e evitar caer en estafas.
Tras analizar as enquisas realizadas a persoas de diferentes grupos de idade, observamos que existe interese por aprender máis sobre seguridade na rede e por ter ferramentas que axuden a identificar estafas.
Polo que concluímos que moitas persoas necesitan máis información sobre ciberseguridade e intelixencia artificial, e que ter unha app accesible e fácil de usar podería axudar a reducir o risco de caer en estafas.
Para solucionar o anterior, desenvolvemos CyberguardIA, que inclúe información, un chatbot especializado e sistemas para detectar posibles estafas. O noso obxectivo é que no futuro esta ferramenta poida axudar a máis persoas a usar internet de forma segura.