Proyecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título del proyecto:

1 Coagulación e proteólise, un estudo multifroita

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Hipótesis

A coagulación do leite ao mesturalo con froitas tropicais prodúcese polas encimas proteolíticas que estas conteñen, non pola acidez como ocorre nos cítricos. Especialmente centrarémonos na actinidina do kiwi, modulada pola temperatura, concentración e procesado industrial. Provocando tamén irritación oral debido á interacción entre acción enzimática e posibles compostos cristalinos. Inspiradas nas solucións industriais empregadas, con imaxinación e moita curiosidade combatiremos estas reaccións desagradables para o consumo, probando técnicas como a inactivación das enzimas ou a radiación UV.
Resultados

Os resultados preliminares confirman que a actinidina degrada principalmente as caseínas do leite enteiro, con un mínimo impacto no pH, mentres que iogures e queixos mostran resistencia pola súa textura e procesado; ademais, atopáronse fenómenos microscopicamente inéditos, como unha circunferencia morada, que abren novas vías de estudo sobre estas reaccións proteolíticas e as súas aplicacións médicas.

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: A Coruña
Población: Arzúa
Alumnos/as

Daniela Pedrosa Martínez
Regina Sesar Ramírez
Tutor/a

María Carmen Valiño Bermejo
Centro

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Rosario
Descripción

Froitas como o kiwi conteñen encimas proteolíticas capaces de degradar proteínas. O “estudo multifroita” analiza o funcionamento destas fronte a diferentes alimentos proteicos e os factores que condicionan a reacción, así como as posibles causas e solucións á irritación que provocan.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.