Proyecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título del proyecto:

49 Boa saúde: clave para mellorar os reflexos

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
O obxectivo deste proxecto é determinar se hai algunha correlación entre a boa saúde e os reflexos dunha persoa, facendo a medición destes últimos a través dun videoxogo creado por nós mesmos.
Hipótesis

Unha dieta saudable e equilibrada e o exercicio diario melloran a velocidade de reacción debido á activación neuronal do sistema nervioso humano.
Resultados

A primeira conclusión á que se chegou no traballo é que non se atoparon diferenzas na velocidade de reacción en función do xénero, é dicir, non houbo diferenzas nas puntuacións do xogo programado con Scratch entre nenos e nenas. En canto á nutrición, apareceu unha tendencia positiva, sendo a velocidade de reacción máis rápida nos adolescentes/compañeiros cunha alimentación saudable. En función da actividade física, canto menos sedentario sexa o adolescente/compañeiro, máis rápida será a velocidade de reacción. Polo tanto, podemos concluír que a hipótese establecida ao comezo deste traballo foi aceptada.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 2º ESO
Provincia: Pontevedra
Población: Poio
Alumnos/as

Daniel López Mendoza
Santiago Botana Represa
Tutor/a

Mónica Azpilicueta Amorín
Centro

SEK International School Atlántico
Descripción

Sempre nos indican que os hábitos saúdables son claves na nosa vida e para manter a nosa saúde mental, especialmente a dieta e o exercicio físico, ¿pero influirán tamén nos nos nosos reflexos? Para responder á investigación, baseouse no uso dun videoxogo programado con Scratch, xa que está comprobado que xogar aos videoxogos fai que actives o nervio vago que vai da parte inferior do cerebro pasando polo pescozo, o peito e o estómago e é o encargado de, se está activado, enviar os impulsos electrónicos a diferentes partes do cerebro dando a orde correspondente á acción, queres así realizar o teu reflexo (Navarro González, 2022), máis tes querer facer o reflexo realiza as probas do xogo e canto maior sexa a puntuación que obterás.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.