Se se instala unha microturbina en canalóns de edificios e vivendas, poderase xerar unha cantidade significativa de electricidade para reducir o consumo da rede eléctrica convencional. Ademais, a implantación desta tecnoloxía mellorá a eficiencia enerxética e permitirá un aforro económico a longo prazo.
As probas iniciais demostraron que a microturbina pode xerar unha cantidade de enerxía suficiente para alimentar pequenos dispositivos eléctricos e reducir o consumo da rede. A eficiencia varía en función da intensidade da chuvia, pero os resultados suxiren que en zonas con alta pluviometría, o sistema pode ser unha solución viable para a autoxeración eléctrica. O proxecto H-EcoPower demostra que é posible aproveitar a auga de chuvia para xerar electricidade de forma sostible e eficiente. A implementación deste sistema pode contribuír á redución da pegada de carbono e ao aforro enerxético. A comparación cos sistemas existentes mostra que a microxeración hidroeléctrica ten potencial en zonas con precipitacións frecuentes.