Se se implementa un sistema de carga de baterías baseado en hidroxeno, poderase reducir o consumo de electricidade convencional e mellorar a eficiencia enerxética. Ademais, permitirá a súa aplicación en diferentes sectores, reducindo custos e impacto ambiental.
As probas iniciais indican que o sistema pode cargar baterías de 6V a 24V segundo a produción de hidroxéno e a cantidade de celas dispoñibes no sistema de maneira eficiente, reducindo o consumo de electricidade convencional. A eficiencia do sistema varía segundo a cantidade de hidróxeno xerado, pero demostra un alto potencial para a súa aplicación en talleres mecánicos e uso particular. O proxecto confirma que a carga de baterías mediante hidróxeno é unha alternativa viable e sostible. A implementación deste sistema pode contribuír á redución da pegada de carbono e fomentar o uso de enerxías renovables. Ademais, abre novas posibilidades de aplicación para o hidróxeno no sector da automoción e electrónica.