O tema estudado e hipótese de partida é que a meteoroloxía ou o momento do calendario afecta ao noso estado emocional. Para iso, levouse a cabo a análise dos datos recollidos na caixa das emocións e combináronse os seus datos cos que outorga a estación meteorolóxica.
O propósito deste traballo e comprobar o estado de ánimo dos estudantes da ESO durante a entrada ao colexio e relacionalo con factores externos como meteoroloxía ou o período anual. Así, tras un rigoroso estudo estatístico poderase comprobar, por exemplo, se os estudaantes tenden a estar peor ao inicio da semana ou os días cun clima pésimo, e de mellor estado cando remata a semana ou fai bo día, tamén se terá en conta se eses días os estudantes teñen exames, hai festivos e outros factores exóxenos.