Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
En 6º de primaria estúdase a necesidade de tomar carbohidratos e graxas, dun xeito moderado, para ter enerxía e facer as funcións vitais. Quíxose saber se realmente somos conscientes do que comemos. Así que fíxose unha investigación: no primeiro caso, utilizouse como control o aceite e frotando varios alimentos sobre un papel, comprobouse a cantidade de graxas que podían ter. No segundo caso, usouse o amidón como control, porque se sabe que ao estar en contacto con tintura de iodo ponse azul escuro, case negro. Así que botóuselle tintura de iodo a varios alimentos para comprobar se tiñan carbohidratos. Outra cousa que se investigou foi a oxidación dalgunha froita e fixéronse varios experimentos para demostrar como evitar esa oxidación: vinagre, limón.