Proyecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título del proyecto:

58 Madeira transparente

Tipo de participación: Só online
Resumen del proyecto:
Investigación sobre as posibilidades da madeira como material transparente para pantallas de dispositivos electrónicos, material de construción para fiestras, lámpadas… ao ser máis resistente ca o plástico.
Hipótesis

Se se consegue eliminar a lignina e se branquea, a madeira pode quedar máis ou menos transparente sen perder a súa resistencia.
Resultados

A madeira ten que ser moi fina, e o proceso emprega auga e produtos relativamente tóxicos. Habería que seguir investigando, pero podería ter futuro grazas ás súas propiedades. O problema sería facelo a grande escala e co menor gasto enerxético posible buscando o método industrial máis eficiente, menos contaminante e cunha mínima pegada de carbono.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 2º ESO
Provincia: A Coruña
Población: As Pontes
Alumnos/as

Kidist Hermida Izal
Lola Tembrás Da Silva
Tutor/a

Mª Belén Díaz Parga
Centro

IES Castro da Uz
Descripción

A madeira é o tecido vascular das plantas, formado por células vexetais cuxas paredes están formadas por celulosa e lignina. Estas células disponse coma un feixe de tubiños por onde circula o zume bruto e o zume elaborado. Cando a árbore se tala e a auga se evapora, os tubiños quedan ocos e con aire. A lignina é o “pegamento” que mantén unidos os tubiños, e é de cor amarela, a que lle dá a cor característica á madeira. Se a lignina se blanquea ou elimina, queda un esqueleto de células ocas. Este segue sendo opaco porque as paredes celulares curvan a luz, o que se chama índice de refracción. Ao encher os espazos de aire con resina epoxi, que dobra a luz nun grao similar ás paredes celulares, a madeira faise transparente, pero sen perder as súas propiedades de resistencia.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.