Galiciencia 2020
Tecnópole
Parque Tecnolóxico de Galicia
proyectos@galiciencia.online
Telf.: 988 368 100

Proyecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título del proyecto:

50 Estudio de la puesta de "Gallus gallus domesticus

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Estudo do proceso de formación do ovo no oviduto da galiña, as partes e a composición. Se realizan prácticas de laboratorio para comprobar a presenza de proteínas, lípidos e sales minerais.
Hipótesis

Antes de comezar o proxecto, fixéronse preguntas como: -Que son os ovos amniotas? Que vantaxes presentan na natureza con respecto a outros tipos de ovos? O ovo que comemos, terá un futuro pitiño no seu interior? Como é o oviduto da galiña? Como se forma o ovo ao longo del? Onde ocorrerá a fecundación? Que é a xema? Por que será de cor amarela? Por que a clara transparente cambia de cor e consistencia cando se quenta? Teñen aire no seu interior? Para que serve a cáscara? Por que ten poros na superficie? Por que hai cáscaras de distintas cores? Para contestar a estas cuestións e a outras que foron xurdindo, buscouse información, elaboráronse informes, realizáronse comprobacións no laboratorio e expúxose o resultado da investigación
Resultados

Coa realización deste proxecto aprendéronse moitas cousas, por exemplo, como forman as galiñas os ovos nos seus ovidutos. Nas prácticas no laboratorio púidose comprobar con experimentos a presenza de proteínas, lípidos e sales minerais nos ovos. Obsérvase a existencia de poros na cáscara, agora sábese a súa función, aprendeuse que a medida que van perdendo frescura, a auga en forma de vapor sae polos poros, aumentando a cámara de aire. Sábese que a cáscara debe estar limpa e sen gretas, xa que de non ser así, os microorganismos poden entrar ao interior e contaminalo. Agora tamén se sabe que significa o código que traen os ovos na cáscara, como comprobar se un ovo está fresco, e moitas máis cousas moi interesantes deste alimento tan rico e nutritivo.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 3º ESO
Provincia: Pontevedra
Población: Lalín
Alumnos/as

Vera Sierra Pereira
Carlota Gutiérrez Carral
Tutor/a

Natalia Fernández García-Basterra
Centro

IES Aller Ulloa
Descripción

O ovo na natureza ten como finalidade a reprodución nos animais ovíparos. As femias poñen os ovos e o desenvolvemento embrionario prodúcese fóra do corpo no caso de que o ovo sexa fecundado. Neste proxecto estúdase o ovo da galiña como exemplo de ovo amniota, os elementos que proporcionan protección fronte a desecación, permiten o intercambio gasoso e conteñen nutrientes para o desenvolvemento do embrión nun medio acuoso. O obxectivo deste traballo é o estudo da posta de galiña Gallus gallus domesticus, o proceso de formación do ovo no oviduto e a súa composición, xa que desde a antigüidade é un alimento moi importante para a especie humana, ten un alto valor nutricional e consúmese en todo o mundo.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.