Galiciencia 2020
Tecnópole
Parque Tecnolóxico de Galicia
proyectos@galiciencia.online
Telf.: 988 368 100

Proyecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título del proyecto:

46 Estudo da calidade do aire a través de bioindicadores nas árbores do parque de Castrelos e do parque da Bouza da cidade de Vigo

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
O propósito deste proxecto é relacionar a presenza de liques nas árbores coa calidade do aire en dous parques da cidade de Vigo e aplicar o método científico nunha investigación da nosa contorna.
Hipótesis

A hipótese de partida é que imos atopar máis diversidade de especies de liques no parque de Castrelos porque é un parque máis grande e con máis árbores que o parque da Bouza.
Resultados

Os resultados da mostraxe foron que no parque da Bouza se atoparon as seguintes especies: Parmelia saxalis, Parmelia caperata, Cladonia portentosa, Ochrolechia parella, Pertusaria gallica e Caloplaca marina. En Castrelos atopáronse as mesmas especies e ademais: Graphis elegans e Usnea florida. Polo tanto non viron unha diferenza significativa de diversidade de especies, polo que se deduce que a contaminación atmosférica en ambas zonas de Vigo é semellante. Despois de estudar e analizar a presenza de liques nestes dous parques da cidade de Vigo chegouse á conclusión de que as posibles explicacións que habería que estudar serían: proximidade de Citroën a Castrelos e que a presenza en Castrelos das dúas especies que non se atopan na Bouza probablemente se deban ao bosque de ribeira.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 2º ESO
Provincia: Pontevedra
Población: Vigo
Alumnos/as

Paula Rodríguez Valcarce
Tsedey Viejo Hermida
Tutor/a

Paula López Lodeiro
Centro

IES Alexandre Bóveda
Descripción

Este proxecto é un estudo sobre a calidade do aire empregando bioindicadores. Trata sobre o estudo e análise da presenza dos liques en diferentes especies arbóreas que hai en dous parques de Vigo. Os liques son importantes na monitorización da biodiversidade e saúde dos ecosistemas. Dado que poden atoparse nunha ampla variedade de hábitats, desde bosques ata zonas urbanas, os liques serven como indicadores da saúde xeral do ecosistema e da diversidade de especies presentes. Os cambios na composición e distribución dos liques poden alertar sobre posibles alteracións no equilibrio ecolóxico e na dispoñibilidade de recursos naturais.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.