¿Pódese crear un chaleco que axude aos ciclistas a poder sinalizar mellor e estar menos desprotexidos conseguindo así reducir ou minorar o incremento dos accidentes de tráfico?
Como se esperaba a hipótese funcionou e todos os sistemas funcionan de forma correcta de acordo coa idea previa. Agora mesmo encóntrase nunha fase de probas para encontrar posibles defectos e seguir coas melloras. Ademais estívose pensando noutras suxestións de coñecidos, como a implementación dun acelerómetro que poida rexistrar freadas bruscas ou incluso caídas.
En resumo o prototipo funciona correctamente pero quérese seguir traballando activamente nel.