Proyecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título del proyecto:

68 Efecto da música na memoria a curto prazo, atención e concentración

Tipo de participación: ONLINE
Resumen del proyecto:
Proponse estudar como diferentes tipos de música ou a total ausencia de son, isto é, o silencio, poden afectar á concentración, memoria e nivel de atención.
Hipótesis

A realización de probas mentais (tests de memoria a curto prazo, concentración, atención e observación) en condicións de silencio favorecerá a obtención de mellores puntuacións en comparación coas obtidas mentres se escoita música. Ademais, espérase que os peores resultados se rexistren nas probas realizadas escoitando música actual con letra (do gusto dos voluntarios) debido á maior interferencia co correcto funcionamento do cerebro.
Resultados

O estudo inicial suxire que o silencio é máis beneficioso para a realización de tarefas que requiren concentración. Os participantes lograron memorizar un maior número de figuras cando realizaron a tarefa en silencio, en comparación cos obtidos con música clásica e con música con letra. Ademais, no test de atención, o tempo medio necesario para localizar un obxecto foi menor en silencio en comparación co tempo que se tardou con música clásica e con música con letra. Os resultados presentan moita desviación pola pequena poboación medida. Aplicarase a metodoloxía optimizada a un nº de voluntarios maior (uns 120 estudantes da ESO) nas próximas semanas. Isto permitirá unha análise máis precisa do impacto da música e o silencio na atención e a memorización.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 3º ESO
Provincia: A Coruña
Población: Porto do Son
Alumnos/as

Elba Pouso del Río
Laura Segade Armental
Tutor/a

Mª Luisa Rodríguez Sánchez
Centro

IES Porto do Son
Descripción

Este proxecto ten como obxectivo analizar como a música clásica, a música con letra do gusto dos voluntarios e o silencio afectan á realización de diferentes tarefas que miden a memoria a curto prazo, a capacidade de atención e concentración entre alumnado de 13 a 16 anos. Este proxecto non só permitirá ao alumnado aprender sobre metodoloxía de investigación, senón que fomentará a reflexión sobre como diferentes estímulos ambientais poden influír nas capacidades de aprendizaxe. O estudo é de particular interese no ámbito escolar, xa que optimizar as condicións de traballo pode mellorar o rendemento dos estudantes.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.