Proyecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título del proyecto:

5 Smart shores: IA para descubrir Morouzos

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Para dar a coñecer a riqueza biolóxica do concello decidiuse realizar un chatbot que permite clasificar os organismos que se poden atopar no intermareal da praia de Morouzos.
Hipótesis

Aproveitando o potencial que ten a intelixencia artificial hoxe en día, parece unha moi boa maneira de dar a coñecer a nosa riqueza biolóxica de forma sinxela mediante o uso de dúas ferramentas tecnolóxicas como o chatbot e a aplicación de intelixencia artificial.
Resultados

Os resultados do proxecto son moi satisfactorios. Un proxecto moi interesante e construtivo polos seguintes motivos: • Traballo en equipo: falando e expoñendo as cousas conséguense solucións máis axeitadas. • Inclusión: o proxecto está orientado ás persoas, polo que é moito máis reconfortante saber que se está contribuíndo a que a xente valore máis a riqueza biolóxica que nos rodea. • A realización de dúas aplicacións que empregan intelixencia artificial permitiu aprender que o uso adecuado da mesma pode ser moi interesante de cara ao futuro.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: A Coruña
Población: Ortigueira
Alumnos/as

Irene Castro Hermida
Noa Aguiar Rey
Tutor/a

María Teresa Galdo Díaz
Centro

IES de Ortigueira
Descripción

Ortigueira é un concello situado no norte da provincia da Coruña. Posúe unha das maiores e máis fermosas praias de Galicia, a praia de Morouzos, que sobrepasa os 3 km de lonxitude. Na súa contorna atópase a illa de San Vicente, en cuxas rochas se agochan e incrustan unha gran diversidade de organismos mariños, dende estrelas de mar a algas, pasando por ourizos, distintos tipos de bivalvos e gasterópodos e unha gran variedade de peixes óseos. Para que todas aquelas persoas, turistas e veciños da zona, poidan identificar doadamente as distintas especies mariñas que se atopan no intermareal do noso areal, decidiuse realizar un chatbot identificador de organismos. Desta maneira, traballouse tamén a intelixencia artificial, unha das ramas tecnolóxicas máis en auxe hoxe en día.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.