Unha dieta saudable e equilibrada e o exercicio diario melloran a velocidade de reacción debido á activación neuronal do sistema nervioso humano.
A primeira conclusión á que se chegou no traballo é que non se atoparon diferenzas na velocidade de reacción en función do xénero, é dicir, non houbo diferenzas nas puntuacións do xogo programado con Scratch entre nenos e nenas.
En canto á nutrición, apareceu unha tendencia positiva, sendo a velocidade de reacción máis rápida nos adolescentes/compañeiros cunha alimentación saudable.
En función da actividade física, canto menos sedentario sexa o adolescente/compañeiro, máis rápida será a velocidade de reacción. Polo tanto, podemos concluír que a hipótese establecida ao comezo deste traballo foi aceptada.