Proyecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título del proyecto:

46 MáxicaMente

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Neste proxecto quíxose comprender como os magos e “trileros” conseguen facer trucos diante dos nosos ollos e explicar como esta maxia está relacionada coa neurociencia.
Hipótesis

O cerebro comete erros ao procesar a información e estes erros poden dar como resultado ilusións ópticas. Este efecto ocorre en todos os seres humanos pero pode variar en función das súas experiencias previas (cultura, pasado, idade,...) e a hipótese é que os trucos de maxia e ilusións ópticas funcionarán nun grupo de alumnado homoxéneo.
Resultados

Fixéronse os trucos de maxia e empregáronse ilusións visuais co grupo de alumnos e alumnas de anatomía aplicada de 1º bacharelato (28 alumnos/as) e funcionaron na maioría dos casos. Observáronse diferenzas significativas entre os resultados obtidos nas figuras con ilusións ópticas e nas figuras control. Como conclusións deste proxecto destácase unha melloría do coñecemento, do funcionamento do cerebro e de como os trucos de maxia nos enganan. Aprendeuse a diferenza entre completitude modal e amodal e comprobouse de forma experimental como este proceso ocorre de forma xeralizada.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 1º Bachillerato
Provincia: Pontevedra
Población: Vigo
Alumnos/as

Natalia Piñeiro Cebreiro
Nathan Reddy Outeiro
Tutor/a

María Xesús Gómez Rey
Centro

IES Santa Irene
Descripción

Para poder comprendelo ben, primeiro fíxose un traballo de investigación lendo artigos e entrevistas tanto de magos como de neurocientíficos. Posteriormente, para poder explicar o funcionamento destes trucos, decidiuse aprender a realizalos. Desta forma, coñecendo como funcionan os distintos trucos de maxia e ilusións ópticas poderase explicar a que partes do encéfalo afectan. Esta explicación realizarase empregando unha maqueta anatómica onde se sinalará cada unha das partes anteriormente nomeadas e o que sucede no noso sistema nervioso en relación cos trucos de maxia.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.