A hipótese é que, inda que as redes neuronais artificiais están inspiradas nas biolóxicas, presentan diferenzas clave no seu funcionamento. Mentres que o cerebro humano aprende de maneira adaptable e eficiente con pouca información, as redes neuronais artificiais requiren grandes volumes de datos e adestramento intensivo.
RESULTADOS
Ata o momento, a investigación confirmou que as redes neuronais artificiais inspíranse nas biolóxicas, pero presentan diferenzas clave no seu funcionamento e eficiencia. Desenvolveuse unha rede neuronal con TensorFlow e estase a avaliar a súa precisión no recoñecemento de imaxes. Espérase que o modelo aprenda a identificar patróns básicos, inda que con limitacións en comparación coa flexibilidade do cerebro humano.
CONCLUSIÓNS
A través deste estudo, confírmase que as redes neuronais artificiais están inspiradas nas biolóxicas, pero presentan diferenzas fundamentais no seu funcionamento. Mentres que o cerebro humano aprende con pouca información e de maneira flexible, as redes artificiais requiren grandes volumes de datos e adestramento intensivo.