Tipo de participación: ONLINE
Resumen del proyecto:
Os videoxogos son unha parte moi importante da nosa vida. Pasamos horas xogando a xogos de
aventuras, estratexia, carreiras ou mesmo educativos. Pero, afectan os videoxogos ao noso cerebro?
Melloran as nosas habilidades mentais ou poden ser prexudiciais?
Moitas persoas din que os videoxogos fan mal porque crean adicción ou distraen dos estudos. Pero
outras aseguran que poden axudar a mellorar a memoria, a atención e mesmo a capacidade de
resolver problemas. Entón, quen ten razón?
Neste proxecto quérese descubrir se os videoxogos teñen un impacto positivo ou negativo no
cerebro.