Proyecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título del proyecto:

3 Resiliencia no deserto, o Spiny Greenhouse

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
O "Spiny Greenhouse" é un invernadoiro biomimético inspirado no Moloch Horridus, que recolle auga do orballo e a choiva loitando contra a seca e mellorando a saúde das zonas áridas.
Hipótesis

A hipótese para o proxecto é que o "Spiny Greenhouse" optimizará a recollida de auga mediante a condensación do orballo e a choiva, mellorando as condicións ambientais nas zonas áridas. Isto contribuirá á mellora da saúde física e psicolóxica das persoas, reducindo os efectos negativos da seca, como a desnutrición e as enfermidades mentais. Ademais, o invernadoiro permitirá un cultivo eficiente de certos cultivos, potenciando a resiliencia nestas áreas.
Resultados

Aínda que o prototipo non se probou por completo, os primeiros experimentos co deseño, os materiais e os resultados preliminares amosan un gran potencial para mellorar a recollida de auga, tanto do orballo como da choiva. O deseño inspirado no Moloch Horridus parece ser moi efectivo para optimizar a captación de auga nas zonas áridas, favorecendo o cultivo de plantas en áreas secas, a dispoñibilidade de auga... Poderían reducir os efectos negativos da seca, como a desnutrición e as dificultades psicolóxicas asociadas á falta de recursos. Non obstante, para confirmar estes resultados será necesario realizar probas máis detalladas e adaptadas a diferentes contextos climáticos.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 3º ESO
Provincia: A Coruña
Población: Arzúa
Alumnos/as

Daniela Pedrosa Martínez
Tutor/a

María Carmen Valiño Bermejo
Centro

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Rosario
Descripción

O "Spiny Greenhouse" baséase no estudo da increíble adaptación do Moloch Horridus, un lagarto australiano que capta auga do orballo e transpórtaa mediante capilaridade até a súa boca. O proxecto xurdiu como resposta aos efectos devastadores da seca en zonas áridas, un problema global que afecta tanto ao medio ambiente como á saúde física e psicolóxica das persoas, xa que a seca non só xera, por exemplo, desnutrición, tamén aumenta a depresión ou incluso o TDAH. O obxectivo principal é crear un invernadoiro biomimético que aproveite a condensación do orballo e a choiva para recoller e almacenar auga, mellorando as condicións vitais e optimizando o cultivo de plantas nas zonas afectadas pola seca, a parte de mellorar a saúde das persoas que as habitan.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.