Proyecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título del proyecto:

24 Cultivos comparativos: ciencia e alternativas sostibles

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Este proxecto explora o efecto dos tratamentos homeopáticos no crecemento e na produción de froitos das plantas, comparando estes resultados cos dos cultivos convencionais.
Hipótesis

Hipotízase que as plantas tratadas con remedios homeopáticos experimentarán un crecemento superior en comparación coas cultivadas de forma convencional. Ademais, agárdase que as plantas tratadas medren máis rápido e tamén produzan froitos de mellor calidade e tamaño. Isto baséase na suposición de que os remedios homeopáticos estimulan a saúde xeral das plantas, mellorando a súa resistencia a factores ambientais adversos e potenciando a súa capacidade de absorción de nutrientes, o que resulta nun mellor rendemento agrícola en xeral.
Resultados

Os resultados preliminares suxiren que as plantas tratadas con remedios homeopáticos amosaron un lixeiro aumento no crecemento e xerminaron antes que as do grupo control. Asemade, as plantas tratadas con fertilizantes industriais mostraron unha maior taxa de mortalidade en comparación coas outras. Non obstante, aínda se está á espera dos froitos para ver cales son máis grandes e saudables. Estes resultados indican que a homeopatía pode ter un efecto positivo en certos aspectos do crecemento, pero son necesarias máis investigacións. Os datos están sendo analizados para determinar se estes resultados son estatisticamente significativos e se os remedios homeopáticos teñen un impacto positivo no rendemento agrícola.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Ourense
Población: A Rúa
Alumnos/as

Joaquín Daga Falagán
Juan Sebastián Correa Castillo
Tutor/a

Remedios Durán Pernas
Centro

Colegio Pablo VI Fátima
Descripción

Investígase se a homeopatía pode mellorar a taxa de xerminación, a resistencia das plantas e a calidade dos froitos, avaliando a súa eficacia como alternativa aos métodos agrícolas tradicionais.A procura de métodos de cultivo máis sostibles e ecolóxicos é unha das principais preocupacións da agricultura moderna. Os fertilizantes e pesticidas convencionais poden ter efectos negativos sobre o medio ambiente e a saúde humana, polo que é fundamental explorar opcións naturais que poidan mellorar o rendemento dos cultivos sen comprometer a biodiversidade nin a calidade do solo. Os obxetivos do proxecto son: avaliar se as plantas tratadas con homeopatía crecen máis rápido que as de cultivo convencional.Analizar se a homeopatía inflúe na produción e na calidade dos froitos.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.