Galiciencia 2020
Tecnópole
Parque Tecnolóxico de Galicia
proyectos@galiciencia.online
Telf.: 988 368 100

Proyecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título del proyecto:

47 Traballando a escuras

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
O proxecto “Traballando a escuras” está pensado para facilitar o traballo nun taller, no que principalmente se traballa con madeira e derivados da madeira, ás persoas con discapacidade visual.
Hipótesis

A hipótese deste proxecto é que a creación dun taboleiro de madeira que relaciona ferramentas en relevo co seu nome en braille, e a sinalización dos espazos do taller facilitarán ás persoas cegas a identificación de ferramentas nun taller, mellorando así a súa autonomía e seguridade ao traballar nesta contorna.
Resultados

Observouse que as persoas cegas que participaron no estudo puideron identificar con maior facilidade as ferramentas presentes no taller mediante o uso do taboleiro deseñado. Isto suxire que a combinación de relevo e braille proporciona unha forma efectiva de recoñecer as ferramentas sen depender exclusivamente do tacto Os resultados do proxecto indican que a creación dun taboleiro de madeira para relacionar ferramentas en relevo co seu nome en braille e a sinalización do taller é unha estratexia efectiva para mellorar a identificación, autonomía e seguridade das persoas con discapacidade visual en contornas de traballo como talleres. Este enfoque ofrece beneficios significativos e pode ser implementado de xeito amplo para promover a inclusión e accesibilidade en diversos contextos laborais.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: 3º ESO
Provincia: Pontevedra
Población: Vigo
Alumnos/as

Xabela Martín Freiría
Cayetana Román Trigueros
Tutor/a

Igor Ferro Fernández
Centro

IES Alexandre Bóveda
Descripción

O proxecto “Traballando a escuras” xorde da necesidade de promover un ambiente inclusivo e equitativo nos diferentes espazos dun centro educativo. Consiste nun taboleiro de madeira onde por un lado está o nome, en braille, das distintas ferramentas que se utilizan nun taller e noutro lado están as figuras das ferramentas, en relevo, feitas cunha impresora 3D. De xeito que podemos conectalos a través dun circuito eléctrico sinxelo. Así ao relacionar o nome coa figura correcta ilumínase unha lámpada e un zumbador emite un son, en caso contrario non hai luz nin son. Ademais vanse sinalizar os espazos do taller empregando texturas táctiles ou dispositivos de sinalización auditiva.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.