A resinación de masas de Pinus pinaster emite substancias volátiles que ten implicacións ecolóxicas, concretamente provoca cambios nas relacións depredador - presa de diferentes grupos de animais.
O traballo consta de varias etapas, que se detallan na temporalización; a obtención de resultados está condicionada polos ciclos naturais dos animais; a fase da metamorfose dos insectos “presa” (as eirugas) acada o seu óptimo durante a primeira quincena do mes de abril; esto condiciona a fase experimental e explica que os datos serán recollidos o día 17 de abril. Polo motivo exposto no apartado anterior, non se disporá das conclusións definitivas ata a semana do 25 e 29 de abril. Aínda que hai estudos similares, as innovacións propostas neste proxecto (usar eirugas de 4 cores, fronte a unha única cor verde das eirugas falsas en traballos previos) incrementan o nivel de complexidade e fan que a proposta sexa moi interesante. Presentaranse resultados e conclusións en Galicienca.