Proyecto Galiciencia 2024 | Secundaria

Título del proyecto:

15 Estampa a túa identidade en madeira

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
O proxecto consiste na realización de análises citoxenéticas (cariotipos) a partir de mostras de sangue e a posterior estampación dos resultados obtidos en madeira creando obxectos con identidade propia.
Hipótesis

Considérase que este proxecto favorece que nos acheguemos á ciencia dende unha perspectiva social e tecnolóxica, aplicando os coñecementos máis aló do laboratorio. Contribúe ao espírito emprendedor e á colaboración con outras disciplinas, impulsando a creación dunha pequena empresa que relaciona ciencia e madeira, co fin de concienciar e potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais.
Resultados

Esta proposta inclúe actividades baseadas na aprendizaxe a través da práctica, reproducindo de forma realista o funcionamento das empresas e incidindo nas habilidades e destrezas. Obsérvase os cromosomas das células nucleadas e, posteriormente, plásmanse os resultados en distintos produtos de madeira. A pequena empresa “Estampa a túa identidade en madeira” pode ocupar un nicho importante no mercado da personalización, diferente ao ofertado ata o de agora polas empresas actuais. Para o sector da poboación interesado na ciencia e na xenética pode ser unha forma de mostrar a súa paixón e compartir coñecementos. Unha empresa deste tipo pode ter un mercado específico en eventos científicos, feiras educativas e outras actividades relacionadas coa ciencia e a xenética.

Deja aquí tu valoración del proyecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: Formación Profesional
Provincia: Lugo
Población: Lugo
Alumnos/as

Salma López Franco
Kely Tatiana Giraldo Castro
Tutor/a

Sabela Fernández Vila
Centro

CIFP Politécnico de Lugo
Descripción

O proxecto que aquí se presenta emprega a práctica de laboratorio do cariotipo, onde se exploran conceptos científicos relacionados cos cromosomas, a través da personalización de produtos. Porén, o proxecto lévase a cabo nun centro integrado de FP de Lugo, dentro do módulo de Bioloxía Molecular e Citoxenética, coa colaboración dos compañeiros da familia profesional de madeira. O principal obxectivo deste proxecto é evidenciar que os coñecementos científicos e sanitarios son tamén un importante punto de partida para emprender se se unen creatividade, imaxinación e traballo. Ademais, a posta en práctica deste proxecto permítenos comprobar que o emprendemento científico é posible e que a posta en marcha dunha boa idea pode ser unha saída profesional.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.