Crese que se se pode obter un fractal usando xunto coa base de hidromel, a xantana como espesante; poderíase substituílo por agar-agar e o resto dos ingredientes da mesma base xa que en principio cumpriría a mesma función. Ademais, estaríase a usar celulosa asociando o experimento coa temática deste ano. Dado que este non é o único factor que inflúe nesta reacción, crese que se se experimenta co reactivo e se cambia o colorante empregado na receita orixinal (cochinilla ou remolacha) por col lombarda, podería provocar un impacto visual semellante xa que sería unha fractalización violeta escura. Ademais, ao ser un vexetal que serve de indicador de pH, poderíase modificar a cor do fractal unha vez creado engadindo unha base ou un ácido.
Dedúcese que é necesario ter unha base correctamente xelificada para que funcione a fractalización, xa que as canles finas polas que circula o reactivo (líquido) dependen da base. Tamén se pode dicir que a diferenza de temperatura inflúe na forma do fractal, xa que canto máis fría estea a base, máis redes se formarán nela para atrapar o reactivo. Despois de experimentar co reactivo de col lombarda, obsérvase que non era visible, pero co uso de bicarbonato, púidose cambiar a cor do fractal. A reacción funciona de xeito similar cambiando a base de xantana por agar-agar. Se non se engrosa adecuadamente non se obterán os resultados esperados.