Proyecto Galiciencia 2023 | Secundaria

Título del proyecto:

6 Proxecto braille

Tipo de participación: Presencial y online
Resumen del proyecto:
O proxecto pretende transformar a impresora 3D do centro nunha impresora braille. Con isto o que se quere facer un centro máis accesible a partir de ferramentas que xa se teñen.
Hipótesis

A hipótese foi que era posible conseguir que a impresora 3D funcionase como unha impresora braille con pouco custo e modificacións sinxelas.
Resultados

Probáronse moitos punzóns pero un en específico foi o que serviu de verdade, unha “punta recortada” que traza os puntos mellor que os demais materiais cos que se experimentou. Despois de varios intentos con soportes distintos, optouse por colocar goma eva debaixo do papel para conseguir a forma ideal dos puntos. Descubriuse o grosor necesario das follas de impresión, e ao mesmo tempo, conseguiuse deseñar e preparar os elementos necesarios para modificar a impresora, logrouse calcular a posición de cada punto e transformar as instrucións en G-code, e creouse a páxina web que traduce o texto a G-code. Fíxeronse os primeiros puntos con corrección empregando o G-code e concluíuse que era posible o que se formulaba, logrando que unha impresora 3D funcionase como impresora braille.

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 
Provincia: Ourense
Población: Ourense
Alumnos/as

Delia Rubín Gómez
Gabriel Rodríguez Prado
Tutor/a

Rebeca Pérez Torres
Centro

IES O Couto
Descripción

A finalidade do proxecto é converter unha impresora escolar 3D nunha impresora braille operativa, para facer o centro máis inclusivo sen gastar moito diñeiro. Aínda que xa existen as impresoras braille comerciais, estas son moi custosas, o que provoca que moitos centros educativos, asociacións de invidentes e particulares non as poidan adquirir. Este proxecto entra dentro dos ámbitos da tecnoloxía e lingüística. No ámbito tecnolóxico houbo que programar a impresora 3D para que traballase como unha impresora braille, e no ámbito lingüístico houbo que estudar o alfabeto braille.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.