Tipo de participación: Presencial y online
Resumen del proyecto:
Trátase dun traballo de investigación sobre produtos e aparellos que hoxe en día hai nos nosos fogares (aspirador sen cables, almofadas viscoelásticas, brackets, sopas de sobre...), pero que nun principio foron deseñados e fabricados para levar a cabo as misións espaciais.
No stand haberá, a parte dun panel informativo cos produtos e a súa función nas viaxes espaciais, obxectos reais e explicaráselles aos visitantes da feira a orixe e o seu uso primitivo.