Proyecto Galiciencia 2023 | Secundaria

Título del proyecto:

31 Remodelado de plásticos

Tipo de participación: Presencial y online
Resumen del proyecto:
O proxecto consiste en diferentes maneiras de darlle un novo uso aos materiais plásticos dunha maneira máis dinámica e entretida.
Hipótesis

Pódese darlle unha segunda vida aos útiles plásticos.
Resultados

O HDPE, PP das máscaras e o PS transparente foron os plásticos que resultaron máis fáciles para traballar con eles e con resultados máis vistosos. Co PP empregado nas máscaras e en concreto co das máscaras infantís de cores e deseños vistosos conseguíronse materiais interesantes que imitan ao téxtil e que poden ter aplicacións interesantes na creación de produtos. Co PS fixéronse colgantes para facer pendentes e bixutería. E o HPDE resultou ser moi fácil de traballar co ferro pero menos co forno. Un dos pasos máis importantes e que aínda hai que resolver de xeito efectivo é o de triturar os plásticos para obter a materia prima. A construción dunha trituradora de plásticos podería ser un bo proxecto futuro.

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 
Provincia: A Coruña
Población: A Coruña
Alumnos/as

Hugo Suárez Rodríguez
Marta Méndez Seoane
Tutor/a

Dafne Portela Carlosena
Centro

IES Urbano Lugrís
Descripción

Neste traballo decidiuse estudar as características dos diferentes tipos de termoplásticos para procurar formas nas que se poden reempregar e remoldear para crear novos produtos e así fomentar a economía circular. Dos plásticos estudados, ao final conseguiuse empregar con éxito: HDPE para remoldeado co ferro de pasar a roupa e no forno; PS transparente aproveitando a súas características termoretractis no forno; e PP das máscaras tamén empregando o ferro e LDPE. Non se tivo moito éxito ao empregar plásticos tipo PET e os outros tipos de plásticos foron descartados debido ou ben á súa perigosidade, dificultade de identificación ou para traballar con eles ou baixa dispoñibilidade.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.