Proyecto Galiciencia 2023 | Secundaria

Título del proyecto:

26 Cannabidiol: unha alternativa real?

Tipo de participación: Presencial y online
Resumen del proyecto:
O proxecto consiste na realización dun estudo de toxicidade aguda para determinar a dose terapéutica do canabidiol (CBD) e comprobar a súa eficacia no tratamento das crises epilépticas.
Hipótesis

O desenvolvemento deste proxecto axudará aos estudantes a construír o seu coñecemento científico, abordando un tema de actualidade como é o emprego de terapias alternativas para o tratamento de doenzas. Para iso levarase a cabo un: - Estudo da toxicidade aguda do Cannabidiol: experimento de toxicidade aguda para atopar a dose terapéutica do CBD (estudos de toxicidade embrionaria en peixe cebra baseados no Fish Embryo Test da OCDE (FET). - Estudo da efectividade do Cannabidiol: trátase de comprobar se o CBD á dose terapéutica investigada, ten efecto sobre as crises epilépticas. Tómanse datos do número de crises epilépticas das larvas tratadas con este composto, en relación con controis sen tratar.
Resultados

Tras a implementación deste proxecto, os resultados previstos son: - Deseño dun ensaio preclínico que permita analizar a eficacia do cannabidiol no tratamento das crises epilépticas. - Deseño dun estudo da efectividade do cannabidiol nas crises epilépticas empregando o Pentylenetetrazol como proconvulsionante. - Análise da opinión dos estudantes sobre a eficacia do cannabidiol como tratamento das crises epilépticas comparándoa coa efectividade dun fármaco químico e produto homeopático empregado nun proxecto anterior. Ademais, preténdese conseguir unha mellora das prácticas pedagóxicas tradicionais pasando a unha aprendizaxe activa e significativa, na que o alumnado é o protagonista da investigación.

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 
Provincia: Lugo
Población: Lugo
Alumnos/as

Anny Cabrera Darias
Juan López Arias
Tutor/a

Sabela Fernández Vila
Centro

CIFP Politécnico de Lugo
Descripción

O proxecto involucra ao alumnado na investigación de busca dun tratamento. Para isto, deben tomar decisións e actuar criticamente á hora do seu deseño e execución para testar diferentes concentracións de CBD. O cannabidiol, é un dos compoñentes máis importantes da planta do cannabis, dentro das súas propiedades terapéuticas máis importantes están: antiinflamatorio, anticonvulsivante, antioxidante ou ansiolítico entre outras. Para a investigación emprégase unha especie animal, o peixe cebra (Danio rerio), organismo moi empregado na actualidade como modelo para a busca de novos fármacos. Consiste nun estudo de toxicidade aguda, teratoxenicidade e eficacia de compostos, para dar resposta á pregunta: CBD, alternativa real para tratar as crisis epilépticas?.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.