Proyecto Galiciencia 2022 | Secundaria

Título del proyecto:

26 HW Recycling

Tipo de participación: Presencial + online
Resumen del proyecto:
A finalidade deste proxeto é a reciclaxe de refugallo informático, destacando a creatividade e iniciativa do alumnado de cara ao deseño de novos produtos a partir de hardware en desuso.
Hipótesis

O resultado deste proxecto será unha pequena mostra de reloxos, cadernos e chaveiros construídos con diferentes compoñentes informáticos que xa chegaron ao final da súa vida útil e tiñan coma destino o punto limpo. A obtención destes novos produtos leva consigo un gasto mínimo e contribuirá a mermar o lixo informático do noso IES, así coma a axudar no seu control dos gastos. Con este proxecto traballaremos a creatividade do alumnado e o gusto polo traballo ben feito, para fomentar o espírito emprendedor e facer ver a importancia do traballo en equipo, da toma de decisións e do compromiso laboral. Este proxecto tamén terá coma resultado un maior acercamento das novas tecnoloxías ao máis novos, a través de produtos que sendo de uso moi cotiá aparecen nun novo formato de presentación.
Resultados

O alumnado: • Adquire habilidades para emprender unha actividade económica, valorando a importancia do traballo en equipo levado a cabo baixo un clima de respecto, tolerancia e responsabilidade. • Toma conciencia da importancia de reducir o lixo informático contribuíndo á conservación do medio. • Aprende novos tratamentos para a fabricación doutros produtos con materiais xa existentes na súa contorna. • Dáse conta da necesidade do aforro económico grazas á reutilización/reciclaxe • Valora a importancia da innovación tecnolóxica para mellorar a saúde e manter o benestar. En resumo, o lixo informático pode axudar ao medio, contribuír na formación profesional e persoal do alumnado, mermar o gasto e fomentar a vocación tecnolóxica entre o alumnado.

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: Formación Profesional
Provincia: A Coruña
Población: Negreira
Alumnos/as

Mynor Alexander Folgar Peláez
Jordan Garabal Fernández
Tutor/a

Fina Paulos Lareo
Centro

IES Xulián Magariños
Descripción

Tomando como materia prima hardware en desuso do noso IES que provoca moito refugallo informático, aplicaremos os coñecementos adquiridos no ciclo para levar a cabo a construción de reloxos para as aulas do centro (a partir de placas base e teclas dos teclados), material escolar como cadernos (cos plásticos dos teclados, cables de rede e restos de folios) e chaveiros (microprocesadores, módulos de memoria RAM). Obxectivos: • Alongar a vida útil do HW dándolle outro uso coidando do medio ambiente. • Aplicar medidas de seguridade e hixiene no traballo. • Fomentar o espírito emprendedor, a creatividade, iniciativa, autonomía persoal, innovación tecnolóxica, o traballo en equipo, a competitividade e a responsabilidade na toma de decisións. • Valorar o traballo artesán.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2020, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.