Proyecto Galiciencia 2022 | Secundaria

Título del proyecto:

19 Un ano no Courel

Tipo de participación: Presencial + online
Resumen del proyecto:
Usamos cámaras de fototrampeo durante un ano (de marzo de 2021 ata marzo de 2022) para coñecer as variacións estacionais e horarias dos animais.
Hipótesis

A primavera é a estación con máis actividade.. As horas con máis actividade do día son as do luscofusco. Haberá maior actividade no inverno a altitudes máis baixas, xa que a maior altura as condicións atmosféricas son máis duras.
Resultados

A actividade dos animais ao longo do ano está influída pola época do celo, sen que haxa, en xeral, máis mobilidade na primavera. Existe unha maior actividade da fauna de noite, especialmente entre as 24:00 e as 3:00 Algunhas especies máis escasas e sensibles á presenza humana non se atoparon a baixas altitudes (oso e lobo), mentres que noutras máis abundantes (xabaril e corzo) existe maior abundancia a altitudes baixas que altas.

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 3º ESO
Provincia: Lugo
Población: Seoane do Courel
Alumnos/as

Pablo Álvarez Marcos
Zaira Arza González
Tutor/a

Ibai Quinteiro Recondo
Centro

CPI Poeta Uxío Novoneyra
Descripción

O uso das cámaras de fototrampeo para detectar presenza de animais está moi estendido. Estas cámaras actívanse ante a presenza dos animais xa que detectan cambios de temperatura na contorna. Levamos varios anos usando estas cámaras para facer análises cualitativas da fauna das montañas do Courel, lugar onde residimos. Unha vez coñecida a fauna da nosa contorna, neste estudo indagamos sobre as posibles variacións da súa actividade ao longo do tempo. Os obxectivos son: -Investigar se hai variacións na presenza/actividade das especies ao longo do ano. -Determinar os períodos do día con maior actividade da fauna. -Coñecer se existen diferenzas na actividade en función da altitude.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2020, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.