Proyecto Galiciencia 2022 | Secundaria

Título del proyecto:

14 Ventá calefactora

Tipo de participación: Presencial + online
Resumen del proyecto:
Neste proxecto o que se intenta é que se ventile un espazo cerrado renovándose o aire e filtrándoo para que non se contaxie a xente que estea no local e para evitar que iso enfríe as persoas.
Hipótesis

Como todos sabemos, en tempos de pandemia hai que manter as ventás abertas para que se ventile a aula. Pero isto ten un inconveniente: fai frío, porque as clases son nas tres estacións máis frías. Este problema ten unha fácil solución, que é vir abrigados á clase, poñer o abrigo, ou incluso levar unha manta. Pero isto ten uns problemas: - O alumno/a está incómodo/a porque ao ter unha manta ten que moverse con abrigo que seguramente teña un gran volume. - O profesor/a tamén estará incómodo/a ao ter que explicar con algo que ocupe moito espazo dado que precisa moverse pola aula. - É molesto porque os abrigos fan ruído se a persoa que o viste se move moito, e isto desconcentra ao alumnado e ao profesorado.
Resultados

Este aparello poderase usar en todo tipo de ventás porque é portátil e pódese reusar sen ter que obter un para cada ventá. Un problema podería ser que non teña as medidas da ventá, pero se se ten ventás de máis ou menos o mesmo tamaño, poderíase usar nas diferentes fiestras pedindo unha a medida. Outro problema sería algúns materiais non son de moi boa calidade. Aínda así, todos eses erros poderían ser mellorados e perfeccionar o aparello. Unha gran cualidade deste proxecto é que calquera persoa o pode reproducir na súa casa con materiais que se poden atopar na casa, ou gastando aproximadamente 50€.

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: A Coruña
Población: Santiago de Compostela
Alumnos/as

Rubén Vázquez Conde
Tutor/a

Tino Álvarez Muiña
Centro

IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Descripción

Este proxecto consta das seguintes partes: - Unha estrutura de madeira que se colocaría nas ventás - Un metacrilato que semella o cristal dunha ventá - Calefactor para quentar o aire que contén un motor conectado a un ventilador que move o aire. Tamén hai unhas resistencias que son as que quentan ao aire. - Tubo de plástico que colle aire de dentro para alimentar o calefactor cun filtro para que non pasen os virus, que tamén colle un pouco de aire do exterior.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2020, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.