Tipo de participación: Presencial + online
Resumen del proyecto:
Neste traballo, dirixímonos ao directorio de empresas de Ourense para avaliar a súa implicación na xestión medioambiental. Para iso, valoraremos a porcentaxe de participación e a implicación destas. Posteriormente, trataremos de visualizar o ciclo de xeración e tratamento dalgún dos residuos seleccionados, así como a materia prima que os orixina. É curioso que para a xestión de residuos sólidos urbanos só teñamos a planta de Sogama para toda Galicia, que opera con 37 centros de transferencia. Non é posible procesar todos os residuos xerados; polo tanto, faremos unha campaña de concienciación para remitir aos axentes implicados e conseguir unha maior concienciación. A economía responsable aféctanos a todos.