A solución que pensamos é deseñar unha boneca de reanimación, coa que se poida aprender sen axuda de ninguén, polo deseño electrónico da boneca, polas imaxes e polos vídeos que incorpora en QRs.
Como conclusión, podemos dicir que a boneca de RCP cumpre co obxectivo para o cal foi deseñada, xa que facilita a aprendizaxe da reanimación cardiopulmonar sen necesidade de ter un boneco de RCP profesional. O seu funcionamento é moi sinxelo e está pensado para persoas de todas as idades, tanto para aprender dende o inicio como, sobre todo, para practicar a técnica de reanimación cardiopulmonar. En canto aos resultados, a boneca probárona as nosas familias (avós/as, pais/nais e irmáns/irmás), algúns profesores/as e tamén amigos/as, e en todos os casos entenderon de forma case inmediata o seu funcionamento e o mecanismo da RCP. Tamén queremos destacar que a boneca está construída con materiais usados, como a propia boneca ou a súa roupa, e con compoñentes electrónicos de baixo custo.