Proxecto Galiciencia 2025 | Secundaria

Título do proxecto:

43 H2OFlow: sistema de carga de baterías con hidróxeno

Tipo de participación: Presencial e online
Resumo do proxecto:
Este proxecto propón un sistema de xeración híbrido combinando a enerxía solar coa de hidroxeno, centrado na carga de baterías para diferentes tipos de vehículos e dispositivos eléctricos.
Hipótese

Se se implementa un sistema de carga de baterías baseado en hidroxeno, poderase reducir o consumo de electricidade convencional e mellorar a eficiencia enerxética. Ademais, permitirá a súa aplicación en diferentes sectores, reducindo custos e impacto ambiental.
Resultados

As probas iniciais indican que o sistema pode cargar baterías de 6V a 24V segundo a produción de hidroxéno e a cantidade de celas dispoñibes no sistema de maneira eficiente, reducindo o consumo de electricidade convencional. A eficiencia do sistema varía segundo a cantidade de hidróxeno xerado, pero demostra un alto potencial para a súa aplicación en talleres mecánicos e uso particular. O proxecto confirma que a carga de baterías mediante hidróxeno é unha alternativa viable e sostible. A implementación deste sistema pode contribuír á redución da pegada de carbono e fomentar o uso de enerxías renovables. Ademais, abre novas posibilidades de aplicación para o hidróxeno no sector da automoción e electrónica.

Deixa aquí a túa valoración do proxecto
0 / 5

Your page rank:

Curso: Formación Profesional
Provincia: Pontevedra
Poboación: Lalín
Alumnos/as

Borja García Iglesias
Sergio Vázquez Méndez
Titor/a

Manuel Rodríguez Varela
Centro

IES Laxeiro
Descrición

A transición cara a fontes de enerxía limpa é esencial para reducir a dependencia dos combustibles fósiles e as emisións contaminantes (IPCC, 2021). O hidróxeno preséntase como unha alternativa viable para a xeración de enerxía sostible, permitindo a carga de baterías de diferentes dispositivos sen necesidade de conexión directa á rede eléctrica. O obxectivo deste proxecto é deseñar un sistema eficiente e accesible que permita a carga de baterías utilizando hidróxeno, reducindo custos e promovendo o uso de enerxías renovables.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.