A hipótese do proxecto é que unha caixa de xogos baseada na identificación de cores e letras e que sexa moi sinxela de utilizar motivará ás persoas con enfermidades neurodexenerativas a exercitar as capacidades cognitivas, especialmente, a memoria, a atención e as habilidades visuoespaciais. Esta caixa de xogos será unha alternativa máis atractiva e estimulante que os métodos tradicionais e as apps actuais, cun deseño baseado en luces, cores e música clásica para captar a atención dos usuarios e fomentar a realización dos xogos.
Mente Activa é unha caixa de xogos deseñada para ser sinxela de utilizar por persoas con enfermidades neurodexenerativas, co obxectivo de incentivar a realización de actividades que exercitan a memoria, a atención e as habilidades visuoespaciais. A caixa está baseada en Arduino e conta cun panel de LEDs que amosan luces, cores e letras para facer que os xogos sexan atractivos. Mente Activa probouse con seis persoas, unha delas de 60 anos e as outras cinco, maiores de 65 anos, a idade a partir da cal se estima que pode comezar o deterioro das capacidades cognitivas. Os resultados indican que a opinión dos usuarios é moi positiva e mostran que a caixa é fácil de utilizar e motiva ás persoas a seguir xogando de forma regular, desfrutando mentres realizan os exercicios.