Proyecto Galiciencia 2026 | Secundaria

Título del proyecto:

36 Espuma ignífuga vexetal biodegradable para a protección da vexetación fronte aos incendios forestais

Tipo de participación: Presencial e online
Resumen del proyecto:
Hipótesis

Se se elabora unha espuma a partir de materiais de orixe vexetal, inspirada en plantas como o aloe vera e utilizando substancias naturais capaces de xerar e estabilizar espuma, entón será posible obter unha espuma vexetal relativamente estable que poida manterse sobre a vexetación durante varias horas, incluso parte do día. Esta capa protectora podería cubrir as plantas e axudar a retrasar a propagación do lume grazas á súa humidade e á súa posible capacidade ignífuga.
Resultados

Os ensaios realizados mostran resultados satisfactorios en relación cos obxectivos do proxecto. As diferentes mesturas permitiron xerar unha espuma vexetal estable capaz de manterse adherida á vexetación durante varias horas. As probas realizadas indican que a espuma conserva ben a humidade e actúa como unha capa protectora que retrasa a propagación do lume en materiais vexetais secos. Ademais, os compoñentes utilizados son de orixe vexetal e biodegradables, o que permite obter unha espuma cun menor impacto ambiental que outros produtos utilizados habitualmente. Estes resultados suxiren que este tipo de espuma pode empregarse como unha barreira preventiva fronte aos incendios forestais. O proxecto foi rexistrado para protexer a súa autoría e podería dar lugar no futuro ao desenvolvemento

Votaciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Pontevedra
Población: Vigo
Alumnos/as

Daniela García Iglesias
Eila Lago González
Tutor/a

Luis Quiroga Pastoriza
Centro

Colexio Salesiano María Auxiliadora
Descripción

Este proxecto estuda o desenvolvemento dunha espuma vexetal natural e ecolóxica con alto poder ignífugo para a prevención de incendios forestais. O traballo xorde ante o grave problema ambiental que supoñen os incendios, especialmente en rexións como Galicia. O obxectivo é investigar se unha espuma elaborada con materiais de orixe vexetal pode cubrir a vexetación, manterse estable durante varias horas e axudar a dificultar a ignición e a propagación do lume.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.