Proxecto Galiciencia 2023 | Secundaria

Título do proxecto:

22 Pulsorreactor de alcohol

Tipo de participación: Presencial y online
Resumo do proxecto:
Propúxose construír un pulsorreactor "valveless" que funcionase por máis tempo que un minuto, a poder ser de forma indefinida.
Hipótese

Ao completar este traballo preténdese demostrar a hipótese de que se pode construír un pulsorreactor con materiais ordinarios que funcione con alcohol de xeito continuado. Tamén se pretende buscarlle usos alternativos (non só como medio de impulsión de foguetes), entre eles, a posibilidade de usalo como quentador de auga ultra-rápido para lugares de difícil acceso e incluso como elemento para espantar animais salvaxes das colleitas (debido ao ruído que fai ao funcionar).
Resultados

Cos primeiros prototipos conseguiuse manter o foguete pulsando durante uns segundos pero non de xeito continuo. Houbo que perfeccionar moitos aspectos do sistema (tamaño da tobera, caudal de combustible, sistema de difusión de combustible, sistema de refrixeración, etc), ata que se conseguiu que funcionase un par de minutos, que foi o tempo que tardou en esgotarse o alcohol. Houbo éxito pero ábese que hai moitos puntos que mellorar e niso se está. Enlace ao vídeo do primeiro modelo funcionando: https://youtu.be/dRY8GucK47g

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 
Provincia: Lugo
Poboación: Lugo
Alumnos/as

Daniel Pérez Pazos
Alejandro Seoane Fernández
Titor/a

Miguel Leiva Torreiro
Centro

CPR Colexio Diocesano San Lorenzo
Descrición

O traballo fundamentouse nos modelos “valveless” ou sen válvulas, que son máquinas de gabinete experimentais -máis que motores de potencia-. Conseguir que pulse sen deteriorarse é un auténtico reto. O pulsorreactor que se construíu consta de cinco partes: a) Unha cámara de combustión fabricada con latas de aceiro herméticas, con tapa de rosca. b) Un circuíto de refrixeración consistente nunha cámara colocada pola parte exterior da de combustión que permite circular unha corrente de auga de caudal suficiente para absorber a calor residual da explosión interna. c) Unha bomba eléctrica para impulsar o líquido refrixerante. d) Un depósito de combustible con billa reguladora de caudal. e) Un bastidor de soporte de todos os elementos.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.