Proxecto Galiciencia 2023 | Secundaria

Título do proxecto:

13 Escherichia coli na MET Gala: unha posta de longo bacteriana

Tipo de participación: Presencial y online
Resumo do proxecto:
A finalidade do traballo é desenvolver técnicas de investigación avanzada nun laboratorio escolar.
Hipótese

Conseguiremos “vestir” as nosas bacterias co xene GFP para que destaquen ao iluminalas con luz ultravioleta nun medio LB con ampicilina e arabinosa?
Resultados

Ao iluminar as placas sementadas con luz ultravioleta obsérvase que se cumpre a hipótese formulada, e que aquelas bacterias postas en contato co plásmido e sementadas en medio con ampicilina e arabinosa presentaban fluorescencia. A partir dos resultados comprobouse que é posible a realización de prácticas aparentemente complexas, como son as relacionadas co campo da biotecnoloxía, nun laboratorio escolar. Unha actividade sinxela que se ten previsto realizar é aproveitar as bacterias xa transformadas para, cun pincel, crear imaxes divertidas sobre un medio de cultivo.

Votacións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 
Provincia: Ourense
Poboación: Bande
Alumnos/as

Uxía Rodríguez Álvarez
David Martínez Fernández
Titor/a

Margarita Becerra Varela/ Ilda Blanco González
Centro

IES Aquis Querquernis
Descrición

O uso de xenes que producen fluorescencia como marcadores é moi común nun amplo abano de campos: microbioloxía, medioambiente, medicina, entre outras. Permiten ademais revelar no macroscópico procesos desenvolvidos no mundo microscópico: Transferencia en bacterias, resistencia a antibióticos, mecanismos de enxeñería xenética. O obxectivo foi conseguir bacterias transformadas con pGLO.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2024, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.