Proxecto Galiciencia 2022 | Secundaria

Título do proxecto:

67 Afecta a cantidade de superficie á forza de rozamento?

Tipo de participación: Online
Resumo do proxecto:
Intentamos desmentir ou reafirmar a lei do rozamento "A cantidade de superficie non afecta á forza de rozamento". Para isto desprazaremos diferentes corpos xeométricos polos seus distintos lados.
Hipótese

A nosa hipótese de partida supón que dita lei é falsa xa que a nosa percepción indícanos que, cando os nenos baixan deitados polo tobogán, o descenso prodúcese de forma notablemente máis lenta.
Resultados

Aínda levándolle a contraria ao sentido común de maneira total e estar enganándonos toda a nosa vida sobre estas cuestións aparentemente evidentes, grazas á unión de todos estes datos e ao moito tempo e esforzo dedicados, obtivemos unha resposta a esta complexa pregunta, a saber: A cantidade superficie NON afecta á forza de rozamento.

Votacions pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Ourense
Poboación: Xinzo de Limia
Alumnos/as

Alexandre Alonso Casal
Julio Rivero Dacal
Titor/a

Miguel Ángel Yebra Ferro
Centro

IES Lagoa de Antela
Descrición

Esta cuestión xurdiu un día no parque de Xinzo mentres xogabamos cos nosos curmáns e irmáns pequenos gozando dunha agradable tarde. Nun momento dado, mentres eles xogaban no tobogán, fixámonos nas distintas velocidades no descenso duns e outros, e chamounos a atención que mesmo un mesmo neno, cando baixaba en distintas posicións, non empregaba sempre o mesmo tempo. Esta situación levounos a un debate sobre o que explicara o profesor de Física e Química sobre as forzas de rozamento e induciunos a pensar que unha das leis das forzas de rozamento (“a cantidade de superficie non afecta á forza de rozamento”) podería non ser correcta. Así que o consultamos co noso profesor e el mesmo propúxonos a elaboración deste traballo. Eliximos esta cuestión para afirmar ou desmentir esa lei.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2023, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.