Galiciencia 2020
Tecnópole
Parque Tecnolóxico de Galicia
proyectos@galiciencia.online
Telf.: 988 368 100

Proxecto Galiciencia 2022 | Secundaria

Título do proxecto:

47 Termoactivo

Tipo de participación: Presencial + online
Resumo do proxecto:
Somos estudantes de 2º da ESO que decidimos escoller o filamento termoactivo para investigar posibilidades de achegar á sociedade un proxecto cunha utilidade e funcionalidade real.
Hipótese

Investigamos materiais de fabricación en impresión 3d. Seleccionamos un material coa capacidade de cambiar de cor cando o elemento co que está en contacto sobrepasa os 30ºC. O filamento termoactivo ten a capacidade de cambiar de cor cando a súa superficie acada e supera os 30ºC. O cambio de cor prodúcese progresivamente, o que pode ser útil para aplicacións como poden ser a do control de sobrequecemento en dispositivos electrónicos O material que escollemos sérvenos para averiguar cando un obxecto está a sobrepasar os 30ºC, por esta propiedade pode utilizarse para fabricar fundas para obxectos que se poden estragar a esa Tª. Fixemos probas con mostras de material impreso nunha lámina para comprobar as posibilidades. Seguimos investigando e deseñando.
Resultados

Os resultados dos proxectos son bos, o proxecto é util xa que ao ter unha tira do filamento termoactivo é capaz de avisarnos de cando o móbil se está a quentar, e nos permite previr danos no dispositivo. Parécenos, ademais que ter unha funda que cambia de cor é bastante chulo, porque varías a cor de funda, que vai cambiando coa Tº á que se encontra o obxecto co que está en contacto (pode ser a nosa man). Seguimos facendo deseños con este obxectivo. Este proxecto, contribúe a mellorar a sostibilidade, porque axuda a prolongar a vida útil dos dispositivos móbiles. Tamén nos serviu para ampliar o noso coñecemento no campo tecnolóxico, xa que aprendemos a facer deseños 3D, as características dos tipos de filamentos e o noso coñecemento en canto aos dispositivos móbiles.

Votacions pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 2º ESO
Provincia: A Coruña
Poboación: A Coruña
Alumnos/as

Mateo Núñez Álvarez
Artai Portos Vázquez
Titor/a

Mª Paz Freire Campo
Centro

IES Ramón Menéndez Pidal Zalaeta
Descrición

O noso proxecto consiste na investigación das propiedades dos filamentos termoactivos e a súa utilidade. Empezamos coa fabricación dunha funda de móbil coa capacidade de avisarnos de cando o móbil estea a chegar a unha temperatura que non sexa boa. Seguimos con outros deseños. Conseguimos que a funda teña esa propiedade grazas ao material co que a fabricamos, que neste caso é un filamento térmoactivo, isto significa que ten a capacidade de cambiar de cor coa temperatura. Material: ordenadores para busca de información e deseño de pezas a imprimir. Impresora 3d e filamentos PLA simple e PLA Termoactivo. Métodos: probas co material, deseños no ordenador, probas cos deseños impresos e modificacións.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2023, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.