Partiremos das seguintes hipótesis que tentaremos ir contrastando:
1º) O emprego axeitado e sostible do recurso natural que representa a auga, tería consecuencias directas e moi positivas na economía circular.
2º) Con unha conciencia de vida saudable e sostible, conseguiríamos reducir a huella hídrica, tanto dende o punto de vista individual, como industrial, coma como sociedade.
3º) As determinacións de laboratorio irán en 2 liñas
- comparativa de dureza e entre diferentes augas minerais
- medición das 10 impurezas mais comúns en auga, en diferentes mostras tomadas no noso Concello en explotacións de gandeiría intensiva e extensiva.
4º) Establecemento de unha serie de accións para mellorar a eficiencia e aplicar a economía circular.
As principais conclusións extraídas do noso traballo son:
- Confirmación e concienciación no noso centro acerca da necesidade do emprego sostible da auga.
- Co coñecemento da nosa huella hídrica, chegamos a conseguir reducila e concienciar acerca da necesidade desa redución.
- Elaboración dunha lista de determinación de parámetros para as diferentes augas minerais do mercado.
- Valoramos como potables e axeitadas para o consumo cada unha das mostras tomadas no noso Concello, e extraemos uns resultados en termos de %.
- Elaboración dunha lista de accións para a eficiencia no emprego da auga.