Proxecto Galiciencia 2022 | Secundaria

Título do proxecto:

44 Agrocultura: Como inflúe o manexo dos terreos na calidade e fertilidade do solo?

Tipo de participación: Presencial + online
Resumo do proxecto:
O presente traballo de investigación busca coñecer como inflúe o manexo e uso de diferentes terreos na fertilidade e calidade destes.
Hipótese

A hipótese da investigación é que os terreos cun manexo máis intensivo que implique sobre todo o uso de fertilizantes industriais, pesticidas (herbicidas fundamentalmente), e no caso das parcelas forestais as cortas e sacas de madeira cada poucos anos empregando especies de gran demanda hídrica, son os que deberían presentar solos máis empobrecidos, con menor calidade ou con descompensacións importantes nos principais nutrientes.
Resultados

Os resultados obtidos ata o de agora son moi provisionais, pois dependemos dos inicios da primavera para completar as mostraxes dalgúns parámetros químicos, principalmente as relacionadas cos coleópteros xa que estes animais permanecen aletargados durante o inverno e é agora cando comezan a activarse e poden caer nas trampas. Provisionalmente podemos comprobar como o peso das miñocas é maior nos terreos forestais de bosque autóctono e pasteiros naturais. O número e peso é claramente menor nos terreos cun manexo intensivo, o que confirmaría a nosa hipótese empregando estes bio-indicadores. No actual contexto de crise mundial é obrigado reconsiderar o uso que facemos dos solos se queremos garantir o seu papel como soporte da produción vexetal a longo prazo.

Votacions pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Lugo
Poboación: Mondoñedo
Alumnos/as

María Sánchez Villalba
Ilduara Reigosa Valiña
Titor/a

Óscar Chao Penabad
Centro

IES San Rosendo
Descrición

O proxecto consistiu nunha análise comparativa de 7 solos sometidos a diferentes manexos e tratamentos englobados dentro de 3 categorías: de uso agrícola, gandeiro e forestal. Empregouse ademais o solo do xardín do centro como un “branco”. O obxectivo é coñecer ata que punto os tratamentos e usos que se lles dá a diferentes solos da mesma categoría poden afectar á súa composición química e á calidade dos terreos. Para as análises de fertilidade as mostras foron analizadas coa colaboración do CIAM de Mabegondo. Para os estudos de calidade empregáronse dous biondicadores diferentes: abundancia de miñocas e cantidade e diversidade de coleópteros.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2023, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.