Proxecto Galiciencia 2022 | Secundaria

Título do proxecto:

35 O peixe cebra como ferramenta para a investigación biomédica

Tipo de participación: Presencial + online
Resumo do proxecto:
Mediante a realización de prácticas científicas imos deseñar e executar o estudo dunha enfermidade neurodexenerativa con base xenética, empregando como organismo modelo o peixe cebra.
Hipótese

O proxecto repercutirá na formación do alumnado e será motivador, en canto a que permitirá conectar os coñecementos adquiridos nos diferentes módulos dos ciclos formativos con aspectos de actualidade dentro da biomedicina. Tras a implementación do proxecto de innovación os resultados previstos pódense resumir en: - Mellora das prácticas pedagóxicas tradicionais pasando a unha aprendizaxe activa e significativa. - Aumento da motivación e o interese do estudantado pola aprendizaxe así como a participación na aula. - Adquisición de competencias relacionadas co traballo cooperativo entre estudantes e tamén entre estudantes e docentes. - Desenvolvemento de competencias para a investigación, a indagación e o pensamento crítico no alumnado implicado.
Resultados

O proxecto está adecuado tanto ao espazo como ás características formativas do módulo de bioloxía molecular e citoxenética (CS Laboratorio Clínico e Biomédico), podendo trasladarse de xeito transversal a outros módulos, ciclos ou mesmo a outro tipo de estudos onde se traballe esta temática. Pretende conectar os coñecementos adquiridos no dito módulo ao mundo real da investigación biomédica. Serve de base para unha mellora no seu pensamento crítico, aspecto moi valorado na actualidade dentro de contextos laborais. Ademais, nos últimos anos estase a traballar para desenvolver actividades moi diversas empregando o peixe cebra (Danio rerio) como ferramenta educativa para achegar o mundo científico ás aulas.

Votacions pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: Formación Profesional
Provincia: Lugo
Poboación: Lugo
Alumnos/as

Icía Fernández Varela
Juan López Arias
Titor/a

Sabela Fernández Vila
Centro

CIFP Politécnico de Lugo
Descrición

A ensinanza e a aprendizaxe da xenética deben ir acompasados cos avances da investigación neste campo. Este modelo biolóxico demostrou ser esencial para a investigación biomédica pois existe unha homoloxía substancial co xenoma da nosa especie. Ata o 85% dos xenes que poden inducir enfermidades en humanos consérvanse no peixe cebra. O obxectivo principal deste proxecto é fomentar a investigación, a experimentación e a innovación educativa deseñando e executando unha investigación científica sobre unha enfermidade rara empregando este organismo modelo, o peixe cebra. A través de diferentes actividades baseadas nas prácticas científicas poténciase a autonomía no desempeño destas e a aplicabilidade do coñecemento científico en contextos reais.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2020, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.