Galiciencia 2020
Tecnópole
Parque Tecnolóxico de Galicia
proyectos@galiciencia.online
Telf.: 988 368 100

Proxecto Galiciencia 2022 | Secundaria

Título do proxecto:

3 Cámara de Néboa Low Cost

Tipo de participación: Presencial + online
Resumo do proxecto:
O noso proxecto consiste na construción dunha cámara de néboa cuns materiais máis baratos e cotiáns que habitualmente, para que así poida ser empregada no ámbito educativo ou para a investigación.
Hipótese

É posible facer unha cámara de néboa con materiais máis económicos e asequibles que os que adoitan usar os museos ou laboratorios. O noso obxectivo era poder crear unha cámara de néboa a un precio asequíbel, que poida ser empregada nas escolas para o ensino. Tamén pode ser usada en investigacións sobre física de partículas.
Resultados

A primeira conclusión, é que se cumpriu a nosa hipótese/obxectivo do traballo. É posible construír unha cámara de néboa funcional de baixo custo para uso educativo. De forma adicional, ao desenvolver o traballo chegamos a algunhas conclusións adicionais. - O aspecto máis crítico é o illamento térmico da parte interior da cámara. Ten que conseguirse unha temperatura moi baixa, e iso require que a selaxe sexa adecuada. - Detéctanse trazas de partículas, pero non coa definición e calidade dunha cámara como as que atopamos nos museos. Como mellora ao proxecto, pensamos en probar novos modelos de placas para conseguir que o descenso de temperatura sexa máis rápido e eficiente.

Votacions pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 1º Bachillerato
Provincia: Ourense
Poboación: San Cibrao das Viñas
Alumnos/as

Antía Ollero Cadilla
Juan Martín Taboada Lorenzo
Titor/a

David Ballesteros Álvarez
Centro

Aulas Tecnópole
Descrición

O noso proxecto consiste na construción dunha cámara de néboa de baixo custo, un dispositivo cuxo obxectivo é a observación de partículas ionizantes coma electróns, positróns, muóns, kaóns e raios cósmicos. Isto é posible grazas á condensación do alcohol isopropílico, xerada dentro dun recipiente pechado de forma hermética arrefriado grazas á acción dunhas placas peltier, feitas de materiais semicondutores, que xeran tanto frío coma calor (por iso, precisamos dun sistema de disipación da calor formado por disipadores e ventiladores de ordenador). Cando unha das partículas atravesa a nube de isopropanol, ioniza as moléculas permitindo ver as súas trazas, que son características de cada unha.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2023, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.