Proxecto Galiciencia 2022 | Secundaria

Título do proxecto:

20 Cultivo hidropónico automatizado

Tipo de participación: Presencial + online
Resumo do proxecto:
O noso cultivo hidropónico está deseñado para funcionar de forma autónoma e ten o tamaño axeitado para ter a nosa horta na cociña.
Hipótese

A hidroponía fai posible cultivar nas nosas casas e a robótica facilítanos a tarefa.
Resultados

O cultivo está en marcha: temos plantadas leitugas e aromáticas que están crecendo sen problemas. A parte automatizada: xa funciona a medición de pH e electrocondutividade e xa temos deseñada a app que vai ler os datos. Queda por mellorar a parte de fontanería, a luz e deseño final do produto. En conclusión podemos dicir que a hidroponía, unida á robótica, é o cultivo do futuro e que non só ten que ser a nivel industrial, tamén podemos dispoñer dela nas nosas casas.

Votacions pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 3º ESO
Provincia: Pontevedra
Poboación: Cangas de Morrazo
Alumnos/as

Juan Gallego Paredes
Darío Giráldez Rodríguez
Titor/a

Tomás Rodríguez Sánchez
Centro

CPR Eduardo Pondal
Descrición

Un xeito de saber o que comemos e levar unha dieta saudable é ser nós mesmos os que cultivemos a horta. A falta de espazo onde tela e o tempo para coidala pódese solucionar co noso cultivo hidropónico: nun estante, do tamaño de moitos dos que temos na cociña, podemos cultivar 10 plantas. Ademais uns sensores e bombas encargaranse de asegurar as condicións óptimas de crecemento e nós só precisamos o móbil para controlar que todo vai ben.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2023, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.