Galiciencia 2020
Tecnópole
Parque Tecnolóxico de Galicia
proyectos@galiciencia.online
Telf.: 988 368 100

Proxecto Galiciencia 2022 | Secundaria

Título do proxecto:

18 Densidade de xabarís no coto de Caurel Alto

Tipo de participación: Presencial + online
Resumo do proxecto:
Aplicamos un método de cálculo de densidade dunha poboación usando cámaras de fototrampeo.
Hipótese

A densidade de xabaril no coto de caza de Caurel Alto é de 7 exemplares/km2.
Resultados

A densidade de xabarís no coto de caza de Caurel Alto é maior da esperada, 10,43 fronte a 7 exemplares/km2. A hora do día no que hai máis movemento de xabarís é entre as 21.00 e as 22.00.

Votacions pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: Lugo
Poboación: Seoane do Courel
Alumnos/as

Luís Rodríguez Cobo
Daniel Marcos Castro
Titor/a

Lourdes González Sotelo
Centro

CPI Poeta Uxío Novoneyra
Descrición

No noso centro levamos tempo usando a técnica de fototrampeo para facer unha análise cualitativa de especies na nosa contorna, pero nunca para calcular densidade de fauna. Pedimos axuda ao Instituto de Investigación de Recursos Cinegéticos (IREC) situado en Castela A Mancha, xa que na súa web encontramos información de traballos realizados con fototrampeo para este fin. Dende o 1º momento o Dr. José Antonio Blanco Aguiar prestounos axuda para poder levar a cabo este proxecto. Tanto é así que nos enviou 2 cámaras de fototrampeo para poder realizar o traballo. O Courel, ademais de ser un atractivo turístico para sendeiristas, tamén é un lugar de encontro para cazadores que veñen doutras zonas de Galicia e de fóra da nosa comunidade autónoma.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2023, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.