Tipo de participación: Presencial + online
Resumo do proxecto:
Tras abordar varias temáticas relacionadas coa reutilización de augas que chegan aos lavadoiros da comarca do Morrazo sucias/turbias por mor de diferentes obras chegamos á conclusión de que sería boa idea poder depurar as ditas augas para poder levar a cabo un cultivo hidropónico.
Así, elaboramos un circuíto circular a través do cal depuramos a agua sucia dun lavadoiro da nosa comarca. Dese lavadoiro filtramos a auga mediante unha depuradora reutilizada para que a auga limpa chegue ao cultivo hidropónico de amorodos. Para que o proceso sexa circular introducimos dous motores que permiten que a auga regrese ao lavadoiro. Estes motores funcionan mediante a electricidade que produce unha pataca conectada a uns cables crocodilo.