Proxecto Galiciencia 2022 | Secundaria

Título do proxecto:

12 Boneca de reanimación cardiopulmonar

Tipo de participación: Presencial + online
Resumo do proxecto:
Trátase dunha boneca coa que se poden facer exercicios de reanimación cardiopulmonar (RCP) de forma moi sinxela, case autodidacta, xa que o procedemento que hai que seguir é moi fácil de entender.
Hipótese

A solución que pensamos é deseñar unha boneca de reanimación, coa que se poida aprender sen axuda de ninguén, polo deseño electrónico da boneca, polas imaxes e polos vídeos que incorpora en QRs.
Resultados

Como conclusión, podemos dicir que a boneca de RCP cumpre co obxectivo para o cal foi deseñada, xa que facilita a aprendizaxe da reanimación cardiopulmonar sen necesidade de ter un boneco de RCP profesional. O seu funcionamento é moi sinxelo e está pensado para persoas de todas as idades, tanto para aprender dende o inicio como, sobre todo, para practicar a técnica de reanimación cardiopulmonar. En canto aos resultados, a boneca probárona as nosas familias (avós/as, pais/nais e irmáns/irmás), algúns profesores/as e tamén amigos/as, e en todos os casos entenderon de forma case inmediata o seu funcionamento e o mecanismo da RCP. Tamén queremos destacar que a boneca está construída con materiais usados, como a propia boneca ou a súa roupa, e con compoñentes electrónicos de baixo custo.

Votacions pechadas
0 / 5

Your page rank:

Curso: 4º ESO
Provincia: A Coruña
Poboación: Santiago de Compostela
Alumnos/as

María Lama Fernández
Pilar Jorge Gándara
Titor/a

Tino Álvarez Muíña
Centro

IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Descrición

As enfermidades do sistema circulatorio seguen sendo a primeira causa de morte en España. Porén, moitas persoas que sofren un infarto agudo de miocardio sobreviven pola realización inmediata da RCP ou reanimación cardiopulmonar que fan as persoas que están ao seu redor no momento do accidente e, por consecuencia, nesta situación o individuo ten máis posibilidades de sobrevivir se se sabe realizar esta técnica. Existe un tipo de bonecos para aprender esta técnica, pero o seu prezo ascende ata os 300 euros, polo que non é accesible a moitas familias ou centros educativos. Para tratar este problema ideamos unha boneca coa que practicar a RCP case de forma autodidacta, xa que inclúe luces que marcan o pulso, vídeos e imaxes, facilitando así a aprendizaxe da RCP.
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a galiciencia@tecnopole.gal
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2023, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.